Tui e Salvaterra de Miño presentan a súa candidatura conxunta a fondos FEDER por importe de 10 millóns de euros
Tui e Salvaterra de Miño aspiran a un investimento de 10 millóns de euros de fondos europeos para a transformación do territorio e a mellora da calidade de vida da súa cidadanía, nun proxecto que marcará un antes e un despois na cooperación tranfronteireiza. Os dous municipios veñen de presentar “Cultura compartida”, un Plan de Acción Integrado, PAI, á convocatoria de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa de Crecemento Sustentable 2021-2027.