O ilustrador tudense Carlos Lago deseñará o cartel das Festas de San Telmo 2025
O ilustrador tudense Carlos Lago será o autor do cartel anunciador das festas de San Telmo 2025. O Concello de Tui, inmerso xa na preparación do programa festivo deste ano, encargou ao ilustrador tudense o deseño dando continuidade a este iniciativa iniciada o ano pasado con Víctor Aparicio “Coyote” apostar por profesionais tudenses da ilustración e o deseño para crear a imaxe promocional dos festexos patronais.