Tui inicia en FITUR a promoción da conmemoración do 800 aniversario da Catedral
O Concello de Tui está presente en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, para promocionar turísticamente o municipio e buscar novas alianzas. Aos grandes atractivos turísticos que ten o municipio súmase a conmemoración do 800 aniversario da Catedral.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez desprazáronse a Madrid para participar en FITUR nas presentacións das novas campañas de promoción nas que participa o municipio. Amais tanto hoxe coma mañá teñen axendados distintos encontros para reunirse con operadores interesados en Tui.