Padrón
A Oficina Municipal do Padrón está situada na secretaría casa do concello. O padrón municipal é o rexistro administrativo onde figuran os veciños dun municipio. As certificacións que expide sobre residencia e domicilio habitual teñen carácter de documento público.
A alta no Padrón de habitantes prodúcese por nacemento, ou cambio de residencia, deben en ambos casos presentar a corresponde solicitude no concello. Mentres a baixa prodúcese por falecemento ou cambio de domicilio habitual debendo igualmente comunicar esta situación na oficina do Padrón. Tamén é posible que se produza un cambio de domicilio dentro do mesmo municipio, debendo nese caso solicitar a modificación dos datos existentes.
A taxa establecida pola expedición dun volante de convivencia ou residencia é de 0,75€, e pola expedición dun certificado de residencia, convivencia ou histórico de 2,29€. Os volantes entréganse no momento de solicitude unha vez se aboaran as taxas no departamento de tesouría, e no caso dos certificados a entrega realízase os martes e xoves, previo pago tamén na tesourería municipal.
Modelos de solicitude
Alta
- Por nacemento
- Por traslado de domicilio dende outro municipio
- Alta ou cambio de enderezo no padrón de habitantes
Baixa
- Por defunción
- Por traslado de domicilio a outro municipio
- Baixa a Instancia de Parte do Padrón Municipal por Cambio de Residencia de Estranxeiros que se Trasladan ao Estranxeiro
Modificación
Certificado
Volante
- Convivencia
- Empadronamento
- Residencia