Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

Obradoiro “IA para reducir custes na túa empresa” o próximo 10 de novembro en Tui

Undefined

“IA para reducir custes na túa empresa” é o título do obradoiro práctico e gratuíto que o martes 10 de novembro, de 15 a 17 h, se vai celebrar na Aula CEMIT de Tui. Esta actividade está organizada pola Oficina Acelera Pyme de ASIME, a Asociacion de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia, coa colaboración do Concello de Tui.  O obradoiro será impartido por Joaquín González de Informática San Benito.

Xornadas Gastronómicas Saborea o Mercado de San Antonio - Outubro

Os produtos de outono son os protagonistas este mes as Xornadas Gastronómicas “Saborea o Mercado de San Antonio”.

A cita será o próximo sábado 24 de outubro dende ás 11 h no Mercado de San Antonio.

A proposta gastronómica que se poderá degustar, realizada polo restaurante Al Dente será:

  • Risoto con cabaza e lacón
  • Lacón con grelos
  • Castañas confitadas con crema de mascarpone

Cada ración terá un prezo de 6€.

Espazos Efémeros

O edificio da praza da Inmaculada acollerá dende este venres 9 até o luns 12 un mercado vivo de creatividade, produto local e cultura. Será coa celebración da segunda edición de Espazos Efémeros organizado por Galicia Suroeste en colaboración co Concello de Tui.

Participarán dezaoito postos de venda de artesanía, xoiería, moda, produtos agroalimentarios e propostas creativas. Asi haberá meles do país, viños de autor, xoiaría contemporánea, cerámica, arranxos florais e doces sen glute, entre outras propostas singulares.

Espazos Efémeros celebra a súa segunda edición en Tui con 18 postos, obradoiros e concertos

Undefined

Tui acolle a segunda edición de Espazos Efémeros, un encontro de artesanía, música e innovación rural organizado por Galicia Suroeste.

O edificio da praza da Inmaculada acollerá dende este venres 9 até o luns 12 un mercado vivo de creatividade, produto local e cultura. Será coa celebración da segunda edición de Espazos Efémeros organizado por Galicia Suroeste en colaboración co Concello de Tui.

Xornadas Gastronómicas Saborea o Mercado de San Antonio: O Bonito

O sábado 26 de setembro celebraranse as segundas Xornadas Gastronómicas "Saborea o Mercado de San Antonio" dedicadas ao Bonito.

Dende ás 11 h poderá degustarse este produto en tres elaboracións realizadas polo restaurante Al Dente que colabora nesta iniciativa do Concello de Tui.  Será Empanada de Bonito, Bonito á prancha sobre crema de pataca, cebola e pimentón, e Tartar de Bonito.  Cada ración terá un prezo de 6€.

O Bonito centra as segundas Xornadas Gastronómicas no Mercado de San Antonio

Undefined

Tras o éxito das primeiras Xornadas Gastronómicas "Saborea o Mercado de San Antonio" dedicadas ao mexillón celebradas o pasado mes de agosto, o próximo sábado, 26 de setembro, terá lugar a segunda edición deste evento no que o protagonista será o Bonito.

Dende ás 11 h poderá degustarse este produto en tres elaboracións realizadas polo restaurante Al Dente que colabora nesta iniciativa do Concello de Tui.  Será Empanada de Bonito, Bonito á prancha sobre crema de pataca, cebola e pimentón, e Tartar de Bonito.  Cada ración terá un prezo de 6€.

O Mercado de San Antonio recibe o selo de Excelencia culminando a súa transformación estratéxica

Undefined

O Mercado de San Antonio é xa Mercado Excelente. A praza de abastos municipal recibiu o selo da Xunta de Galicia que acredita o cumprimento dos estándares de calidade, innovación, modernización e dinamización comercial establecidos pola Rede de Mercados Excelentes. 

O Mercado tudense convértese así na sétima praza de abastos de Galicia en obter este selo. 

Este sábado  no Mercado de San Antonio saboréase o mexillón ao vapor, en vinagreta e en arroz

Undefined

Por en valor e promocionar os produtos de cada temporada é o obxectivo das xornadas gastronómicas Saborea o Mercado de San Antonio que este sábado comezan en Tui.

Ao vapor, en vinagreta e en arroz serán as tres elaboracións que se poderán degustar ao prezo de 4€ a ración a partir das 11 h no propio Mercado de San Antonio. O restaurante Al Dente, que colabora na iniciativa, será o encargado de preparar esta proposta gastronómica.

Comezan as xornadas gastronómicas “Saborea o Mercado de San Antonio”

Undefined

O Mercado de San Antonio inicia un programa de xornadas gastronómicas con produtos de tempada. Baixo o lema de “Saborea o Mercado de San Antonio”, a iniciativa busca dinamizar o mercado, achegalo á cidadanía e poñer en valor os produtos de tempada que as praceiras e praceiros ofrecen durante todo o ano. Celebrarase mensualmente.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Comercio