Día do Mercado
Tui celebra o “Día do Mercado” cunha xornada gastronómica, musical e festiva no renovado mercado de San Antonio. A cita será este sábado, 31 de maio.
Deste xeito o Mercado Municipal de Tui únese á celebración do Día do Mercado, unha iniciativa impulsada pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia para poñer en valor o comercio de proximidade, os produtos de calidade e a vitalidade dos mercados locais.
09.30 h | Inicio da xornada e reparto de produtos promocionais da campaña Quere o teu Mercado.




