Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

Tui despide o ano con deporte, festa, e solidariedade

Undefined

Tui despedirá mañá o ano coa celebración da IV San Silvestre Tudense, unha proba deportiva, festiva e solidaria, que reunirá a dúas mil persoas nun percorrido urbano que realizarán correndo, andando ou practicando marcha nórdica.  Dende ás 9 h e até ás 10.20 h as persoas inscritas poderán recoller o seu dorsal no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. A proba ten carácter solidario coa Asociación Española contra o Cancro polo que aquelas persoas que desexen realizar de forma voluntaria unha doazón poderán facelo nos petos dispoñibles na recollida de dorsais.

Tui continúa o seu Camiño de Nadal repleto de luces, maxia, ilusión e música

Undefined

Tui continúa nesta ponte festiva a percorrer o seu Camiño do Nadal repleto de luces, maxia, ilusión e música.

O Paseo da Corredoira e a Praza da Inmaculada conforman o punto central deste camiño xa que aquí se celebra o Mercado de Nadal, está situado o carrusel infantil, a casa máxica da Fada do Aloia, e se pode visitar o Belén de Mingos na Oficina de Turismo.  Este percorrido polo Nadal lévanos tamén até outros puntos da cidade coma a praza de San Fernando, e as distintas rúas e prazas iluminadas especialmente para estas datas.

Aberto o prazo para presentar as solicitudes de renovación dos postos no mercado semanal dos xoves

Undefined

Até o 10 de xaneiro está aberto o prazo, no Concello de Tui, para presentar as solicitudes de renovación dos postos no mercado semanal que os xoves se celebra na rúa Mártires de Sobredo. As persoas vendedoras deberán presentar a solicitude no modelo normalizado, xunto coa documentación requirida.

Aquelas persoas que transcorrido o prazo de solicitude non tiveran presentado a documentación,  non poderán instalar os seus postos, en caso de facelo poderán ser sancionados segundo recolle o propio regulamento municipal de venda ambulante  

O Mercado de San Antonio impulsa o emprendemento local con cinco novos espazos comerciais

Undefined

O Mercado de San Antonio continúa a medrar e a consolidarse como un referente comercial e estratéxico en Tui e na súa contorna. O Concello abre agora a convocatoria para incorporar cinco novos proxectos empresariais, que ampliarán e diversificarán a oferta da praza, reforzando a súa vocación de servizo público e o seu papel dinamizador da economía local.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Comercio