Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

Tui brindará pola tradición enolóxica compartida no IV Encontro de Viños da Raia

Undefined

A viticultura da raia ocupará un lugar destacado na primeira fin de semana das festas de San Telmo coa celebración do IV Encontro de Viños da Raia. Este evento tense consolidado en só tres edicións coma un  espazo de encontro e colaboración entre pequenos produtores galegos e portugueses que elaboran os seus viños con mimo, respectando as castes autóctonas e apostando por técnicas que combinan tradición e innovación. Este evento celebrarase o sábado 19 e o domingo 20, na praza da Inmaculada, coincidindo co inicio das Festas de San Telmo 2025.

Tui reivindica a importancia do meixón e do coidado do Miño na presentación da festa deste produto

Undefined

Tui reivindica o meixón coma produto singular e con gran tradición na cidade dende este venres, 11 de abril, até o luns 28 de abril, luns de San Telmo. Sete establecementos ofrecerán, previa reserva, este prezado produto na Festa do Meixón 2025
Este evento gastronómico foi presentado este mediodía no Mercado de San Antonio por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Comercio e Turismo, Ana Núñez, os representantes dos sete establecementos participantes, os dous viveiros que subministrarán o produto, Angulas Río Miño e Delicias del Miño, e da adega Quiñóns da Insua. 

O luns preséntase a Festa do Meixón

Undefined

O Mercado de San Antonio acollerá o próximo luns, 7 de abril, ás 11 h a presentación da Festa do Meixón. 

Participarán na presentación o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Comercio e Turismo, Ana Núñez, membros do equipo de goberno, así coma dos sete establecementos participantes da festa, dos viveiros provedores e da adega Quiñóns da Insua.

 

Tui pon en valor o seu patrimonio e os grupos e artistas locais nas festas de SanTelmo

Undefined

Tui comezou hoxe a conta atrás para as Festas de San Telmo coa presentación da programación festiva que se vai desenvolver do sábado19 ao luns 28 deste mes de abril. Dez días intensos de actividades culturais, musicais, gastronómicas, deportivas, e festivas pensadas para disfrutar en distintos espazos tanto por parte da veciñanza coma por todas aquelas persoas que visiten o municipio nestas datas.

Mañá venres preséntase o programa das Festas de San Telmo de 2025

Undefined

Do sábado 19 ao luns 28 deste mes de abril celebraranse as festas patronais na honra a San Telmo en Tui. Mañá venres, 4 de abril, ás 11 h, no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, presentarase a programación destes festexos. 

Intervirán o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a concelleira de Comercio e Turismo, Ana Núñez, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, xunto a outros membros do goberno municipal, e de agrupacións e artistas que van participar nas festas.

Festa do Meixón 2025

A gastronomía está presente nas festas de San Telmo 2025 cun evento xa tradicional coma é a Festa do Meixón. Celebrarase do 11 ao 28 de abril en 7 establecementos tudenses. O prezo da ración será de 80€, sendo preciso reserva previa. 

Establecementos participantes:

  • 4Elementos

  • Casa Pote

  • El Molino

  • Emma Tapas & Brunch

  • La de Manu

  • O Novo Cabalo Furado

  • Parador de Tui

O Concello de Tui impulsa o mercado Elas Facedoras dentro da programación do 8M

Undefined

** Actualización 19/03/2025 ** Novo emprazamento no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. 

O sábado 22 e o domingo 23 de marzo o Claustro do Seminario Menor de Tui acollerá o Mercado Elas Facedoras, que forma parte da programación organizada polo Concello de Tui co gallo do 8M, o Día Internacional da Muller. 

Saen a licitación os derradeiros catro postos vacantes do Mercado de San Antonio

Undefined

O Concello de Tui vén de sacar a licitación os derradeiros catro postos vacantes do Mercado de San Antonio. Dende hoxe e até o 13 de marzo as persoas interesadas poden presentar a súa solicitude por rexistro de entrada na casa do concello ou a través da Sede Electrónica do Concello de Tui.

Esta é unha oportunidade única para persoas emprendedoras e comerciantes que desexen formar parte deste mercado revitalizado, caracterizado pola súa ampla variedade de produtos e servizos diferenciadores.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Comercio