Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Mercado de San Antonio ofrece novas oportunidade de emprendemento

21/10/2025

O xoves 30 de outubro, ás 20 h, haberá unha xornada informativa

O Mercado de San Antonio ofrece novas oportunidades de emprendemento ante a próxima licitación dos espazos que están dispoñibles actualmente. Se trata dos postos destinados a panadería, froitería, alimentación (salgado/conxelado), carnicería e elaborados, i espazo gastronómico.

Para dar a coñecer as características destes espazos, o proceso e as condicións para optar a eles a concellería de Comercio e Mercados do Concello de Tui organiza para vindeiro xoves, 30 de outubro, ás 20.00 h unha xornada informativa na que descubrir  as novas oportunidades para emprender en Tui. A cita vai dirixida a persoas interesadas en poñer en marcha novos proxectos no Mercado Municipal de San Antonio.

Tras visitar os postos as persoas participantes compartirán, no propio Mercado, un viño para así poder intercambiar información, solucionar dúbidas, favorecer o diálogo e crear sinerxías dun xeito máis próximo e distendido.

Con esta iniciativa, o Concello de Tui reafirma o seu compromiso coa dinamización do comercio local e do Mercado de San Antonio, impulsando a chegada de novos proxectos que contribúan ao desenvolvemento económico e social do municipio.