Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.

Tamén se poden cursar estudos regrados de idiomas na sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas ou de música no Conservatorio Profesional de Grao Medio.  

A ampla oferta de actividades de extensión universitaria na Aula da UNED, cursos de formación ocupacional no Centro Municipal de Formación forman parte da oferta educativa tudense, que se completa cos cursos promovidos por distintas asociacións e entidades ao longo do ano. 

Os centros educativos tudenses a punto para o inicio do novo curso escolar

Undefined

Máis de 2.100 alumnos e alumnas volven hoxe  mércores, 9 de setembro, ás aulas en Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato en Tui. 

Dende o Concello de Tui ao longo das últimas semanas, aproveitando as vacacións estivais, executáronse obras de mantemento e posta a punto dos centros escolares de Infantil e Primaria.  A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente, destaca os traballos realizados, con fondos propios, en todos os centros educativos do municipio, para que estivesen listos para este inicio do novo curso. 

O Concello de Tui destina máis de 63 mil euros a subvencións a asociacións culturais e ANPAs

Undefined

Mañá abre o prazo para que asociacións culturais e asociacións de pais e nais presenten as solicitudes para as convocatorias de subvención que realiza o concello de Tui para a realización de actividades neste ano 2026 por parte destes colectivos.   O Concello de Tui destina de fondos propios 63.600 euros a estas convocatorias.

Convocatoria de subvención para a promoción de actividades levadas a cabo por ANPAS dos centros educativos de Tui 2026

Convocatoria de subvención para a promoción de actividades levadas a cabo por ANPAS dos centros educativos de Tui 2026.

Esta convocatoria ten por obxecto establecer os criterios e procedementos para a concesión de subvencións, destinadas a promover actividades levadas a cabo no exercicio 2026 polas Asociaciónsde Nais e Pais (ANPAs) existentes nos centros educativos do Concello de Tui.

Poderán optar a estas subvencións as ANPAs que cumpran tanto os requisitos xerais como os específicos da convocatoria.

A bandeira da democracia ondea nos centros educativos da Eurocidade

Undefined

A bandeira da democracia lucirá en todos os centros educativos de Tui e no Agrupamento de Murallas do Minho en Valença. Esta bandeira de Educación e Democracia simboliza o compromiso colectivo das comunidades educativas cos valores da liberdade, da cidadanía e da participación, e que os centros educativos son espazos nos que se aprende a vivir en democracia.

A Aloiada 2026 brinda dúas xornadas de convivencia ao alumnado tudense de 6º de Primaria

Undefined

O Parque Natural Monte Aloia e o río Miño serán mañá xoves e o venres o escenario de dúas xornadas de convivencia moi especiais para o alumnado de 6º de Primaria de sete centros educativos de Tui. Celebrase unha nova edición da Aloiada que cada ano promove actividade deportivas e de lecer, en espazos naturais privilexiados, entre 160 mozos e mozas que o próximo curso coincidirán nas aulas xa nos institutos. Cando a eles participarán na Aloiada 40 profesores e profesoras. 

Presentación da Aloiada 2026

Undefined

Mañá mércores 10 de xuño, ás 11 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da Aloiada 2026, actividade organizada por sete dos colexios de Tui, en colaboración co Concello de Tui. Celebrarase este xoves 11 e venres 12 de xuño, contando coa participación de máis de 160 alumnos e alumnas de 6º de Primaria, e de 40 profesores e profesoras dos centros participantes.

Tui acolle a presentación do número especial da revista Cuardenos de Pedagogía dedicado ao Congreso Educativo da Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Tui acollerá o próximo luns, 8 de xuño, a presentación da Campaña “A Bandeira da Democracia” e do número especial de Cuadernos de Pedagogía dedicado ao II Congreso Eurocidade Tui-Valença celebrado o pasado mes de xaneiro.

Publicada a listaxe de requirimentos de documentación do Campamento de Verán 2026

Undefined

Na Sede Electrónica do Concello está publicada, dende o xoves 28,  a listaxe de requirimentos de emenda de documentación das solicitudes de praza presentadas para o Campamento de Verán 2026. Sinaláse un prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte da súa publicación para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non facelo considerarase que se desiste da solicitude.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ensino