Actividades de Verán 2022
Este verán en Tui contamos cunha ampla oferta de actividade de lecer e deportivas promovidas tanto polo concello coma por distintas entidades, asociación e clubs:
Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.
Tamén se poden cursar estudos regrados de idiomas na sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas ou de música no Conservatorio Profesional de Grao Medio.
A ampla oferta de actividades de extensión universitaria na Aula da UNED, cursos de formación ocupacional no Centro Municipal de Formación forman parte da oferta educativa tudense, que se completa cos cursos promovidos por distintas asociacións e entidades ao longo do ano.
Este verán en Tui contamos cunha ampla oferta de actividade de lecer e deportivas promovidas tanto polo concello coma por distintas entidades, asociación e clubs:
Mañá venres, 22 de abril, véspera do Día do Libro, a partir das 10 h celebrarase na praza de San Fernando o XIII Tui Le, un encontro promovido pola Biblioteca Pública Municipal de Tui xuntos coas bibliotecas escolares dos centros educativos de Tui. En caso de choiva desenvolverase na carpa instalada no Paseo da Corredoira.
A Red de Juderías de España lanza unha nova edición do seu proxecto educativo Benjamín de Sefarad, que ten como obxectivo o difundir entre os escolares a importancia e pervivencia do legado xudeu de España. Unha proposta educativa na que colabora o concello de Tui a través da concellería de Ensino e Cultura que dirixe a concelleira Sonsoles Vicente Solla.
Diante do desastre humanitario que significa o éxodo masivo de cidadáns ucraínos fuxindo da guerra e a destrución provocadas pola invasión rusa do seu país, o Concello de Tui mantivo hoxe unha primeira reunión para coordinar dende a institución municipal a axuda local á poboación ucraína.
O Concello de Tui respondendo a solicitude realizada dende a FEGMP ten posto a disposición as dez vivendas municipais que están baleiras en Caldelas. Amais dende o Concello, faise un chamamento á poboación que poida contar con vivendas baleiras para alugar que comuniquen a súa disposición.
O CRA Mestra Clara de Torres de Tui recibiu este mediodía a medalla de ouro do Concello de Tui en recoñecemento ao seu importante labor educativo ao longo das dúas últimas décadas. O salón de sesións acolleu o acto de entrega presidido polo alcalde, Enrique Cabaleiro, contando coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva, do xefe territorial de Educación da Xunta, César Pérez Ares, do bispo da diocese Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, e do presidente da Cámara de Valença, Jose Carpinteira xunto aos membros da corporación, a comunidade educativa e outras autoridades convidadas.
O próximo luns, 27 de decembro, ás 13 h no salón de sesións da casa do concello de Tui terá lugar o acto de entrega da medalla de ouro do Concello de Tui ao CRA Mestra Clara Torres. A concesión desta distinción foi acordada por unanimidade na sesión plenaria celebrada no mes de novembro do ano 2020.
O Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres de Tui foi recoñecido co premio "Escola do Ano 2020" por parte da Fundación Princesa de Girona. A entrega do galardón terá lugar o xoves, 28 de outubro de 2021, coa presenza das súas Maxestades os Reis. Visitarán as aulas de Baldráns e Pexegueiro onde coñecerán o traballo desenvolvido por este centro educativo. O acto de entrega do premio desenvolverase ás 13 h no Centro Cultural O Mosteiro de Pexegueiro.
No seguinte enlace pódese seguir a retansmisión deset acto.
Dende a web municipal do Concello de Tui, www.tui.gal, así coma dende a canle de Youtube do Concello, poderá seguirse mañá xoves, ás 13 h, o acto de entrega do Premio Escola do Ano que concede a Fundación Princesa de Girona ao Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres de Tui. As súas Maxestades os Reis, serán os encargados da entrega deste recoñecemento no Centro Cultural O Mosteiro de Pexegueiro.
Mañá martes, terá lugar no Teatro Municipal de Tui a primeira proxección deste curso escolar 2021/22 do programa ”Cinema nas Aulas” que desenvolver o Servizo de Prevención do departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui.
O Concello de Tui vén de editar un caderno didáctico e un mapa para conmemorar o 555 aniversario do paso por Tui de León de Rosmithal camiño de Santiago de Compostela. Este material vai especialmente dirixido aos e ás escolares tudenses.
Foi en 1.466 cando o nobre León de Rosmithal pasou por Tui, xunto a súa ampla comitiva, tanto na viaxe de idade coma de volta da súa peregrinación á tumba do apóstolo Santiago en Compostela.