Os centros educativos tudenses a punto para o inicio do novo curso escolar
Máis de 2.100 alumnos e alumnas volven hoxe mércores, 9 de setembro, ás aulas en Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato en Tui.
Dende o Concello de Tui ao longo das últimas semanas, aproveitando as vacacións estivais, executáronse obras de mantemento e posta a punto dos centros escolares de Infantil e Primaria. A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente, destaca os traballos realizados, con fondos propios, en todos os centros educativos do municipio, para que estivesen listos para este inicio do novo curso.





Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.