Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A aula CEMIT de Tui acolle o obradoiro “Argallando entre xeracións”

21/07/2026

Vai dirixido a mocidade de 12 a 18 anos. Celebrarase o 3, 4 e 5 de agosto

A Aula CEMIT de Tui acollerá o próximo mes de agosto a actividade “Argallando entre xeracións” dentro do programa Teck Kids. Este obradoiro desenvolverase o luns 3, martes 4 e mércores 5 de agosto en horario de 11 a 13.30 h dirixido a mocidade con idades entre os 12 e os 18 anos.

Ao longo destas tres xornadas os mozos e mozas participantes idearán e desenvolverán proxectos baseados na invención, a creatividade e a colaboración. A iniciativa contará cun enfoque interxeneracional, combinando as tradicións e a cultura ancestral de Galicia co uso de tecnoloxías innovadoras como a programación, a robótica, a impresión 3D, a electrónica creativa ou a intelixencia artificial.

A inscrición pode facerse a través da páxina web da rede CEMIT, no correo cemit.tui@xunta.gal ou ben presencialmente no primeiro andar do edificio Francisco Sánchez en horario matinal.

O programa, promovido pola Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia, que conta neste caso coa colaboración do Concello de Tui, como obxectivo crear un espazo de aprendizaxe, experimentación e colaboración entre diferentes xeracións, favorecendo o intercambio de coñecementos e experiencias.