Tui, á cabeza en investimento educativo e importe por alumno na provincia e en Galicia
O Concello de Tui ratifica o seu firme compromiso coa educación pública e accesible para toda a súa veciñanza. O investimento educativo na cidade nos últimos dous anos supuxo o 9% do total orzamentario das arcas municipais. Isto arroxa datos como o importe por alumno, que en Tui superou os 270 euros por persoa.





Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.