Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Trazar as liñas mestras da ordenación do territorio, e autorizar as actuacións permitidas en cada ámbito son as tarefas básicas do Urbanismo municipal, pero mais aló deste labor fundamental en calquera cidade, o urbanismo busca tamén conseguir que a vida dos cidadáns se desenvolva nun entorno amable e cómodo. Unhas rúas cada vez mais humanizadas, no sentido mais estrito da verba, pensadas, deseñadas e realizadas para o día a día das persoas. O conxunto Histórico de Tui co seu Plan Especial é unha das máximas preocupacións urbanísticas da cidade. Buscar que o casco urbano creza de xeito ordenado e atractivo e que o rural sexa un espazo harmonioso e que conserve o seu patrimonio é  misión fundamental do urbanismo municipal.

MODELOS E SOLICITUDES URBANÍSTICAS

O Paseo da Corredoira será peonil os sábados e domingos nos meses de xullo e agosto

Undefined

Dende mañá sábado 1 de xullo o Paseo da Corredoira, no tramo comprendido entre o cruzamento coa rúa Rosa Bahamonde e os soportais pasará a ser peonil dende o sábados ás 00h ata os domingos ás 23.59h durante os meses de xullo e agosto. Deste xeito na época estival búscase ofrecer aos cidadáns e visitantes un espazo de paseo, de convivencia, no que amais os nenos poderán xogar, e disfrutar ao aire libre.

O Concello de Tui mellorará o camiño que une as parroquias de Guillarei e Paramos con acceso ao Monte das Penizas

Undefined

O Concello de Tui vai mellorar a pavimentación do camiño rural que une as parroquias de Guillarei e Paramos con acceso ao Monte das Penizas. O investimento ascenderá a preto de 60 mil euros dos que 50 mil son aportados pola Xunta de Galicia a abeiro de Plan Marco, Plan  de mellora de camiños  municipais  2017 -2018.

Segundo o proxecto a actuación a realizar será a pavimentación do vial que da acceso ao monte das Penizas e une as parroquias de Guillarei e Paramos, homoxeneizando o pavimento e mellorando a seguridade vial nunha superficie de 2905 m2.

O persoal de obras asistiu a unha xornada no uso de formación en plataformas elevadoras

Undefined

O persoal do departamento de Obras do Concello de Tui asistiu no día de onte a unha xornada de formación no uso de plataformas elevadoras organizada pola concellería de Persoal en colaboración coa Autoescuela San Telmo.

Grazas a esta actividade formativa os empregados municipais puideron mellorar o actualizar os seus coñecementos no uso deste tipo de plataformas así coma nas medidas de seguridade que teñen que adoptar cando as empregan.

Tui avanza no obxectivo de potenciar a reciclaxe coa instalación de seis composteiros comunitarios

Undefined

O concello de Tui vén de instalar seis composteiros comunitarios dentro do compromiso municipal de reducir drasticamente a porcentaxe de residuos. En concreto, os seis novos composteiros comunitarios, ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, están situados no cruzamento entre a Avenida de Portugal e o camiño do Parador (xunto á gasolineira).

Páxinas

Subscribirse a RSS - Urbanismo