Oficina Técnica de Rehabilitación
Departamento de Urbanismo, Praza do Concello 1
Teléfono 986 60 36 25
Horario: Martes (previa cita)
Correo: ari@tui.gal
Trazar as liñas mestras da ordenación do territorio, e autorizar as actuacións permitidas en cada ámbito son as tarefas básicas do Urbanismo municipal, pero mais aló deste labor fundamental en calquera cidade, o urbanismo busca tamén conseguir que a vida dos cidadáns se desenvolva nun entorno amable e cómodo. Unhas rúas cada vez mais humanizadas, no sentido mais estrito da verba, pensadas, deseñadas e realizadas para o día a día das persoas. O conxunto Histórico de Tui co seu Plan Especial é unha das máximas preocupacións urbanísticas da cidade. Buscar que o casco urbano creza de xeito ordenado e atractivo e que o rural sexa un espazo harmonioso e que conserve o seu patrimonio é misión fundamental do urbanismo municipal.
Departamento de Urbanismo, Praza do Concello 1
Teléfono 986 60 36 25
Horario: Martes (previa cita)
Correo: ari@tui.gal
Dende comezos deste mes de xullo está en funcionamento no Concello de Tui a Oficina de Rehabilitación dependente da Concellería de Patrimonio. O seu obxectivo promover a rehabilitación do núcleo histórico, tanto na súa dimensión física como na revitalización social, económica e cultural. Para iso ofrécese información sobre as distintas liñas de axudas ou subvencións existentes en cada momento, e asesórase aos interesados, tanto veciños do conxunto histórico coma doutras zonas da cidade, na presentación da correspondente solicitude.
Planeamento Urbanístico da Xunta de Galicia - Consulta Concello de Tui
Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC)
Esta é a última fin de semana da fase de proba do Plan de Peonalización do conxunto histórico de Tui que se puxo en marcha o 2 de xuño. Nesta primeira fase aplícase dende os venres ás 16h até os luns ás 8h. A peonalización pasará a ser definitiva a partir do venres 30 de xuño ás 16h, segundo avanzou a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez.
Dende mañá sábado 1 de xullo o Paseo da Corredoira, no tramo comprendido entre o cruzamento coa rúa Rosa Bahamonde e os soportais pasará a ser peonil dende o sábados ás 00h ata os domingos ás 23.59h durante os meses de xullo e agosto. Deste xeito na época estival búscase ofrecer aos cidadáns e visitantes un espazo de paseo, de convivencia, no que amais os nenos poderán xogar, e disfrutar ao aire libre.
O Concello de Tui vai mellorar a pavimentación do camiño rural que une as parroquias de Guillarei e Paramos con acceso ao Monte das Penizas. O investimento ascenderá a preto de 60 mil euros dos que 50 mil son aportados pola Xunta de Galicia a abeiro de Plan Marco, Plan de mellora de camiños municipais 2017 -2018.
Segundo o proxecto a actuación a realizar será a pavimentación do vial que da acceso ao monte das Penizas e une as parroquias de Guillarei e Paramos, homoxeneizando o pavimento e mellorando a seguridade vial nunha superficie de 2905 m2.