Acordo unánime da corporación municipal para habilitar 469 mil para expropiar 9 mil metros cadrados para ampliar o CEIP nº1 e crear unha zona verde
A corporación municipal de Tui aprobou, o pasado xoves en pleno ordinario, por unanimidade habilitar un crédito extraordinario de 533.279,38 euros, con cargo ao remanente de tesourería, para expropiar as parcelas precisas para a ampliación do CEIP nº1 e crear un parque e para continuar os traballos arqueolóxicos na Praza do Pracer.




