Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Trazar as liñas mestras da ordenación do territorio, e autorizar as actuacións permitidas en cada ámbito son as tarefas básicas do Urbanismo municipal, pero mais aló deste labor fundamental en calquera cidade, o urbanismo busca tamén conseguir que a vida dos cidadáns se desenvolva nun entorno amable e cómodo. Unhas rúas cada vez mais humanizadas, no sentido mais estrito da verba, pensadas, deseñadas e realizadas para o día a día das persoas. O conxunto Histórico de Tui co seu Plan Especial é unha das máximas preocupacións urbanísticas da cidade. Buscar que o casco urbano creza de xeito ordenado e atractivo e que o rural sexa un espazo harmonioso e que conserve o seu patrimonio é  misión fundamental do urbanismo municipal.

MODELOS E SOLICITUDES URBANÍSTICAS

Tui pecha as instalacións culturais e deportivas e suspende a programación propia coma medida preventiva ante o coronavirus

Undefined

O Concello de Tui vén de acordar unha serie de medidas para previr o contaxio por Coronavirus. Estas decisións adoptáronse por unanimidade na xunta de portavoces celebrada este mediodía na casa do concello. A duración ou modulación das medidas adoptadas se tomará de acordo coas directrices establecidas polas autoridades sanitarias competentes.

Así pecharanse as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo dende mañá e suspéndese a programación propia.

Bases reguladoras e convocatoria pública para solicitar axudas á rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui

Bases reguladoras e convocatoria pública para solicitar axudas á rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui publicadas no BOPPO o martes, 18 de febreiro de 2020

O prazo para solicitar as axudas será de 3 meses a contar dende o 19 de febreiro ata o 19 de maio de 2020.

Até o 10 de novembro está en exposición pública o Inventario de Vías e Camiños Municipais

Undefined

Até o próximo 10 de novembro está en exposición pública o Inventario de Vías e Camiños Municipais do Concello de Tui. A corporación municipal de Tui aprobou no pleno ordinario, do 26 de setembro, establecer un novo período de información pública deste documento, un acordo que o pasado xoves día 10 foi publicado no Boletín Oficial da Provincia. O obxectivo é lograr que o documento que se aprobe definitivamente sexa o máis axustado posible á realidade.

A próxima semana comezarán as obras de reordenación da rotonda de Guillarei

Undefined

A próxima semana comezarán a executarse as obras de reordenación da rotonda situada no cruzamento entre a N-550 e a PO-404 en Guillarei e o seu entorno actuando nunha superficie de 2.198,11 m2. A proposta a executar ten por obxectivo o embelecemento desta entrada ao centro urbano  dotándoa dun carácter representativo e diferencial, xerando un espazo de baixo e doado mantemento. Suporá un investimento de 47.908,79 euros, financiados ao abeiro do Plan Concello 2017, e será executada pola empresa Calfensa Proxectos SL. .

O luns comezarán as obras de acondicionamento dos xardíns de Troncoso

Undefined

O próximo luns, 23 de setembro, comezarán as obras de acondicionamento dos xardíns de Troncoso financiadas ao abeiro do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. Teñen un prazo de execución de mes e medio.  O obxectivo é rexenerar este espazo público situado no Paseo Familia Álvarez Blázquez que comunica o céntrico Paseo da Corredoira coa rúa Antero Rubín. A zona sobre a que se vai actuar era un dos antigos baluartes da muralla da cidade polo que as actuacións a realizar contarán cun control arqueolóxico durante a obra.

O Concello de Tui reunirase proximamente cos afectados de Paramos para solucionar as dúbidas e explicar a situación actual do procedemento urbanístico

Undefined

O Concello de Tui convocará nos próximos días a unha reunión informativa aos afectados de Paramos e Guillarei pola explosión do 23 de maio de 2018.  O alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, e o técnicos municipais explicarán de xeito pormenorizado a situación actual e resolverán as dúbidas que os propios afectados poidan plantexar.

O Concello de Tui solicita a colaboración cidadá tras a renovación das plantas en xardíns e maceteiros da cidade

Undefined

A concellería de Parques e Xardíns do Concello de Tui está a realizar traballos para renovar, e nalgún caso mudar, as plantas existentes nos distintos xardíns do centro urbano e tamén nos maceteiros colocados nas rúas tudenses.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Urbanismo