O Concello de Tui contratará a 23 persoas ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos 2017
O Concello de Tui contratará a 23 persoas durante dez meses ao abeiro da liña 3 de Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais do Plan Concellos 2017 para o que solicitou unha subvención de 225 mil euros á Deputación de Pontevedra.




