Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.
Dende os Servizos Sociais do Concello de Tui promóvese un curso de formación de adultos preparatorio das probas libres para a obtención do graduado de Ensino Secundario Obrigatorio, ESO. As clases celébranse os luns de 17.30h a 19h e os mércores de 19.30h a 21h, na Área Panorámica. Comezou en marzo de 2017
Quinto Tenente de Alcalde
Concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente
Tui súmase mañá, 21 de setembro, á celebración do Día Mundial do Alzheimer coa iluminación en morado do edificio da Área Panorámica na rúa Colón. Deste xeito quérese visibilizar esta doenza, que na área de Vigo afecta a máis de 10 mil persoas. O Concello de Tui responde así á solicitude neste senso feita dende AFAGA, a Asociación de Familiares de Alzheimer e outras demencias de Galicia.
Mañá xoves, 10 de agosto, ás 12h terá lugar no salón de sesións da casa do concello de Tui a recepción aos nenos saharauís que pasan o verán en Tui e na contorna dentro do programa Vacacións en Paz.
Os nenos e as súas familias de acollida serán recibidos polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Laureano Alonso, xunto a outros membros do equipo de goberno e o delegado da Asociación de Solidariedade co Pobo Saharauí no Baixo Miño, Enrique Porto.
Edición de xuñ de 2015 da revista Aprende a Escoitalos
Edición de xuño de 2016 da Revista Aprende a Escoital@s
Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero o Concello de Tui convoca o IX Concurso Fotográfico Literario Relación Home Muller 100% Positiva 2016
O CEDIM é o Centro de Dinamización Integral para as mulleres. Ofrece formación gratuíta e práctica para a activación laboral e mellora da empregabilidade das mulleres.