As visitas guiadas ao patrimonio centran esta fin de semana as Xornadas Europeas da Cultura Xudía na Eurocidade Tui-Valença
Visitas guiadas, xornadas gastronómicas, un xogo e a proxección dun filme forman parte do programa das Xornadas Europeas da Cultura Xudía que esta fin de semana prosegue na Eurocidade Tui-Valença. O obxectivo desta iniciativa é a difusión e promoción do patrimonio vinculado á presenza de comunidades xudías e criptoxudías en ambas localidades.