Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O conxunto histórico tudense, o segundo en importancia e tamaño de Galicia, é o máximo expoñente do patrimonio tudense. As rúas vellas de Tui gardan auténticos tesouros mais aló das impoñentes construcións ou das pequenas vivendas que se agrupan nel. Escudos, brasóns, inscricións fan do conxunto histórico de Tui, declarado Ben de Interese Cultural, un lugar para coñecer, aprender e descubrir. Pero outros moitos puntos do centro urbano e das parroquias atesouran outros elementos destacados moitos deles vinculados á cultura popular e do patrimonio relixioso.

O alcalde de Tui solicitou á directora de Turismo de Galicia o apoio ao proxecto do Cárcere Vello

Undefined

Na maña de hoxe, 28 de xaneiro, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, mantivo un encontro coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, para presentarlle o proxecto de intervención no edificio municipal do “Cárcere Vello” coa finalidade de convertelo nun centro de acollida a visitantes e peregrinos e que contribúa á posta en valor da nosa cidade e dos seus recursos patrimoniais e turísticos.

Exposición “De Mar a Mar: o Camiño de Santiago en 3d”

A exposición “De Mar a Mar: o Camiño de Santiago en 3d” pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica. Esta exposición chega a Tui grazas á cesión realizada por Turismo de Galicia.

As fotografías expostas realizáronse coa técnica estereográfica, polo que para a o seu visionado son precisas unhas gafas especiais que se proporcionan de balde aos visitantes.
A exposición presenta unha trintena de imaxes en tres dimensións do Camiño Portugués e do Camiño de Fisterra e Muxía en tres dimensións, con pezas espectaculares e de gran formato.

Tui levará a pleno nas próximas semana o PEPCHA para a súa aprobación definitiva tras o informe favorable de Urbanismo

Undefined

Nas próxima semanas, ben á sesión ordinaria deste mes ou a unha extraordinaria, será levado a pleno o Plan especial de protección do conxunto histórico, PEPCHA, para a súa aprobación definitiva tras recibir hoxe a notificación do informe favorable por parte da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Mañá celébrase en Tui a segunda xornada de “O Camiño Sostible”

Undefined

Mañá venres, 16 de outubro, a partir das 10 h a aula da UNED, no antigo Convento de San Domingos, acollerá a segunda xornada do proxecto “O Camiño Sostible”, que forma parte do programa “O teu Xacobeo”.

Trátase dunha actividade que ten por obxectivo dinamizar e pór en valor todos e cada un dos sectores e actores que forman parte do Camiño de Santiago. Ao tempo persegue con eles e a súa interacción, promocionar o turismo e o desenvolvemento local a través dos valores do camiño e a sustentabilidade.

O Concerto “Cantares.Tradición oral no Camiño Portugués” chega este sábado a Tui

Undefined

A cidade de Tui, porta do Camiños Portugueses de Santiago, acollerá este sábado, 17 de outubro, un concerto a cargo Leni Pérez e Roberto Comesaña que tras unha ampla investigación sobre o patrimonio inmaterial do Camiño Portugués teñen preparado este espectáculo sobre a nosa tradición oral que veñen interpretando nas diversas localidades do Camiño Portugués e que chegan esta vindeira fin de semana á cidade de Tui. O espectáculo terá lugar no recinto do Cárcere vello o sábado 17 de outubro a partir das 19,00 horas.

O tren turístico da Eurocidade realizará esta fin de semana dúas viaxes até os muíños do Tripes

Undefined

Esta fin de semana, tanto o sábado coma o domingo, o tren turístico da Eurocidade realizará unha viaxe dende o centro urbano até os muíños do río Tripes. Sairá as dúas xornadas ás 10 h dende a Praza da Inmaculada e regresará ás 13 h. As prazas ofertadas son 30 que se deben reservar na Oficina de Turismo ou no correo turismo@tui.gal

Día Mundial do Turismo

Tui súmase a celebración do Día Mundial do Turismo que ten lugar o 27 de setembro. Este é o programa previsto:

PROGRAMA

Domingo, 27 setembro
Percorrido polos muíños do Tripes
10,00 h. Saída no Tren Turistico dende Praza da Inmaculada.
Duración aproximada da visita: 2 horas
Finaliza no muíño Mañoco
30 prazas, cómpre inscrición previa no correo electrónico turismo@tui.gal 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Patrimonio e Conxunto Histórico