O exterior da Catedral centra a nova visita guiada ao patrimonio tudense
Mañá martes continua o programa de visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio” que están a percorrer diversos elementos patrimoniais da nosa cidade organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses en colaboración co Concello de Tui. O obxectivo é facilitar un achegamento a diversos espazos patrimoniais tudenses dan de especialistas
Mañá martes ás 20.00 horas a profesora de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Cendón Fernández, guiará unha visita denominada “A catedral de Tui no medievo. Un percorrido exterior a través do románico e o gótico”.