Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Procesos selectivos persoal para a piscina municipal

Undefined

O Concello de Tui, ten abertos dous procesos para o nomeamento interino dun operario de mantemento a tempo de un operario de servizos diversos a tempo parcial, vinculados o programa de execución temporal "Apertura das piscinas municipais tempada verán 2023". A data de realización do exame será o día 11/07/2023 as 09:00 horas exame do proceso do operario de servizos diversos a tempo parcial e as 10:00 horas o exame do proceso de operario de mantemento a tempo completo.

Catro persoas emprendedoras de Tui participaron no coworking da Deputación e da Escola de Organización Industrial

Undefined

Cecilia Portela, María Cristina Alves, Javier Argüelles e Gema María Fernández son as catro persoas emprendedoras de Tui que participaron dende o mes de abril no primeiro coworking multisede da Deputación de Pontevedra e da Escola de Organización Industrial (EOI), que se desenvolveu en Tui, Vigo e Silleda.

Proceso selectivo para nomeamento interino de operario de mantemento a tempo completo para as piscinas municipais e formación de lista de reserva

No día de hoxe leváronse a cabo as probas selectivas do do  proceso de selección para o nomeamento interino dun operario de mantemento a tempo completo para as piscinas municipais e formación de lista de reserva, o tribunal publica as puntuacións provisionais de ditas probas, o aspirante dispón de 1 día hábil para presentar alegacións, transcorrido este prazo as puntuacións consideraránse provisionais (o prazo remata o mércores día 12/07/2023).

 

 

Proceso selectivo nomeamento interino operario servizos diversos e mantemento para as piscinas municipais a tempo parcial e formación lista de reserva

Finalizado o prazo para aceptar ou renunciar o ofrecemento  de dous nomeamentos interinos de operarios de servizos diversos e mantemento para as piscinas municipais tempada 2026. O primeiro aspirante da lista xa foi nomeado e a outra persoa candidata que aceptou o ofrecemnto, foi proposta para nomeamento dispondo de 24 hábiles para presentar a documentación necesaria para o seu nomeamento.

Por vez primeira en quince anos Tui ten menos de mil persoas en paro

Undefined

Por primeira vez en quince anos, o número de persoas desempregadas en Tui descendeu por baixo da barreira das 1000, segundo os datos correspondentes ao mes de maio de 2023. En concreto o paro situouse nas 989 persoas o mes pasado, diminuíndo en 98 persoas con respecto a abril. Esta notable redución no desemprego reflicte os esforzos continuos do Concello de Tui para mellorar a empregabilidade dos seus habitantes.

Proceso selectivo contratación peóns horticultura Plan prestación servicios municipais 2023

Realizadas as probas selectivas para a contratación de 10 persoas coma peóns de horticultura e xardinería para o Plan de prestación de servizos municipais 2023, o pasado martes día 30/05/2023 o tribunal publicou as puntuacións do proceso de selección.

Mediante Resolución da Concellaría de persoal en funcións de data 02/06/2023 se require os aspirantes para que presenten a documentación necesaria para a súa contratación., polo prazo de 2 días hábiles

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui acada o 46% de insercións laborais en 5 meses

Undefined

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui acadou xa o 46% de insercións laborais entre as 100 persoas participantes nos cinco primeiros meses de actividade. Supérase así xa o obxectivo fixado do 45% de inserción ao remate do programa previsto para dentro de seis meses. 

O alcalde de Tui amosou o seu apoio ás persoas traballadoras de Maderas Iglesias

Galego

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu hai uns días ao Comité de Empresa de Maderas Iglesias xunto a representantes sindicais da CIG e UGT. Deste xeito o rexedor tudense coñeceu de primeira man a situación pola que atravesa a empresa con sede no Porriño que chegou a ser líder mundial na fabricación de tarimas flotantes. Actualmente a empresa conta con 169 persoas traballadoras das que 14 son de Tui.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego