Dezasete persoas incorporáronse coma traballadores ao Concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos
O Concello de Tui ven de contratar a 17 persoas a través do Plan Concellos para a activación do emprego da Deputación Provincial de Pontevedra 2023.
En concreto 14 persoas foron contratadas coma peóns de horticultura e xardinería por un período de 6 meses, unha persoa coma oficial segunda carpinteiro e outra coma oficial segunda fontaneiro, ambos por un período de 9,5 meses, e por último unha auxiliar administrativo para o departamento de Cultura durante 6 meses.




