A Biblioteca tudense prestou case 12.800 libros a 1000 usuarios en 2022
Hoxe mércores, 11 de xaneiro, celébrase o Día dos Usuarios das Bibliotecas, unha xornada na que se recoñece aos principais protagonistas da actividade bibliotecaria, pois os usuarios son parte imprescindible deste servizo público que ten como principal misión favorecer o acceso á lectura e á información.
En 2022 a Biblioteca Pública Municipal de Tui realizou un total de 12.788 préstamos de libros, cunha media de 1.066 préstamos ao mes, a un total de 988 usuarios activos da Biblioteca tudense.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.