A Máquina do Tempo de Teatro Ghazafelhos abre a programación de actividades da Biblioteca Municipal neste mes de outubro
A Biblioteca Pública Municipal de Tui abre a súa programación de actividades para este mes de outubro, arredor da celebración do “Día da Biblioteca”, cun espectáculo de animación para os máis cativos, dende os cinco anos, titulado “A máquina do tempo” a cargo do grupo de teatro Ghazafelhos. Esta actividades terá lugar mañá martes, 4 de outubro, ás 17.30 h con entrada de balde ata completar o aforo.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.