O mago Xavier Muro presenta o martes na Biblioteca o espectáculo “Xogando coas Palabras”
O próximo martes, 18 de outubro, ás 18 h, a Biblioteca Municipal de Tui acolle unha nova actividade, do programa do Mes da Biblioteca, dirixida aos rapaces e rapazas co espectáculo titulado “Xogando coas palabras” a cargo do mago Xavier Muro.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.