Día Mundial do Turismo

Data:
27/09/2023
Lugar:
Tui
Tui celebra o Día Internacional do Turismo con actividades a realizar entre o mércores 27 de setembro e o domingo 1 de outubro
Programa
- Mércores 27 de setembro
- Balance dos investimentos verdes previstos para o período 2023-2025 no patrimonio natural e cultural no concello tudense destinados a crear equipamentos e infraestruturas resilientes, adaptadas ás novas demandas da veciñanza a atractivas ao turismo e as persoas visitantes.
- Xoves 28 de setembro
- Ás 18.00 h na Sala Félix Rodríguez, no Edificio Francisco Sánchez
- Xornada aberta ao público baixo o título “Oportunidades de Turismo Verde en Tui” destinada a visibilizar exemplos de xestión turística sostible que poden ser exportables. Na mesma terá lugar unha mesa redonda que contará coa participación de:
- María Abuín de Máis que Románico (empresa de turismo cultural que deseña e comercializa rutas que interpretan patrimonio e territorio cun modelo de xestión responsable )
- Diego Chapela da Fundación Juan XXIII (Xestión por parte dun colectivo de iniciativa social do espazo comunal do Lago de Castiñeiras para uso turístico)
- Leticia Castro Gondar, responsable da marca AWA e Presidenta de Grove Makers (asociación de artesáns e creativos do Grove con pequeno comercio de autor)
- Alberto Romero Rodríguez e Ricardo da Silva Diz da Asociación de Muiñeiros do Río Tripes (entidade local de promoción do patrimonio cultural etnográfico, arquitectónico e paisaxístico)
- Relatorio “ Reflexións e retos do Turismo Verde en Tui” a cargo de Ana M.ª Núñez Alvarez, 1ª tenente de Alcalde de Tui e concelleira de Turismo.
- Xornada aberta ao público baixo o título “Oportunidades de Turismo Verde en Tui” destinada a visibilizar exemplos de xestión turística sostible que poden ser exportables. Na mesma terá lugar unha mesa redonda que contará coa participación de:
- Ás 18.00 h na Sala Félix Rodríguez, no Edificio Francisco Sánchez
- Venres 29 de setembro
- Paseo musical navegando polo Miño coa artista Lara Villaverde e da man da empresa “Río Miño en Barco”. Contará con tres pases ás 17h, ás 18.00 h e ás 19.00 h
- Entradas na web da propia empresa riominoenbarco.com. As prazas son limitadas e o prezo desta actividade é de 10 euros.
- Sábado 30 de setembro
- Xornada de portas abertas no histórico Viveiro de Areas onde a cidadanía poderá descubrir o encanto deste lugar con especies arbóreas senlleiras e edificacións centenarias nas que se desenvolveu unha actividade de investigación forestal de referencia en Galicia.
- Haberá dous pases, o primeiro ás 11.00 h e o segundo ás 17.00 h da man dos integrantes da Comunidade de Montes en Man Común de Areas. O punto de encontro será no propio viveiro
- Inscrición en turismo@tui.gal para poder asistir xa que as prazas son limitadas.
- Domingo1 de outubro
- Ás 10.00 h terá lugar unha experiencia que combina patrimonio natural e cultural mediante un percorrido pola Ribeira do Miño desde a rúa Olímpicos Tudenses ata a histórica parroquia de Caldelas de Tui onde se visitará o Balneario de Caldelas, a Capela do Carme e se realizará unha degustación dun viño de autor. Este percorrido ten a finalidade de achegar á veciñanza e visitantes o patrimonio etnográfico de ribeira así como os atractivos históricos e culturais da vila termal de Caldelas. O regreso ao punto de orixe será en tren turístico e para participar neste interesante roteiro de entre 6 e 7 km
- Inscrición en turismo@tui.gal. As prazas son limitadas.