Mercado de Nadal 2023
O Paseo da Corredoira acollerá do 1 de decembro ao 5 de xaneiro o Mercado de Nadal.
As casetas de madeira nas que se ubicarán os postos estarán coidadosamente decoradas converténdose no mellor escaparate para produtos artesáns, gastronómicos, de agasallo, decoración, …
Os expositores rotarán ofrecendo unha variedade en constante cambio de produtos nas tres quendas establecidas, do 1 ao 12 de decembro, do 13 ao 24 de decembro e do 26 de decembro ao 5 de xaneiro.




