Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

Obradoiros de Cociña de Nadal

O sábado, 10 de decembro, ás 11 h terá lugar no Mercado Municipal, o segundo dos obradoiros de cociña de Nadal organizados pola concellería de Comercio. Nesta ocasión será o o tudense Miguel Rodríguez, chef do Parador de Baiona e coordinador de cociña do Parador de Tui o encargado desta actividade. 

Elaborará unha crema de marisco, ovo poché, empanadilla crocante e biscoito coma aperitivo, e peixe de mercado envolto en algas sobre cogomelos e ovas de peixe voador. 

A entrada é de balde, e non é preciso reserva previa. 

O Mercado de Nadal inunda coa maxia destas festas o Paseo da Corredoira

Undefined

A maxia do Nadal inundará a partir do luns, 5 de decembro, o Paseo da Corredoira de Tui. Até o 5 de xaneiro este céntrico emprazamento acollerá o Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui. Artesanía, gastronomía, produtos de agasallo, decoración…todos vinculados ao Nadal e elaborados artesanalmente ocuparán as dez casetas de madeira, coidadosamente decoradas e iluminadas, que acollerán a trintena de postos que participarán nesta actividade durante as catro quendas establecidas.

Obradoiros de Cociña de Nadal no Mercado Municipal os sábados de decembro

Undefined

O Mercado Municipal de Tui acollerá neste mes de decembro uns Obradoiros de Cociña de Nadal co obxectivo de pór en valor o produto local e convidar a coñecer novas elaboracións de cara a estas festas de Nadal. Ao tempo poténciase o valor da praza de abastos que destaca pola excelente relación de calidade-prezo nos seus produtos. Os obradoiros desenvolveranse os sábados 3, 10 e 17 de decembro ás 11 h.

Obradoiros de Cociña de Nadal

Obradoiros de Cociña de Nadal no Mercado Municipal os sábados de decembro

O Mercado Municipal de Tui acollerá neste mes de decembro uns Obradoiros de Cociña de Nadal co obxectivo de pór en valor o produto local e convidar a coñecer novas elaboracións de cara a estas festas de Nadal. Ao tempo poténciase o valor da praza de abastos que destaca pola excelente relación de calidade-prezo nos seus produtos. Os obradoiros desenvolveranse os sábados 3, 10 e 17 de decembro ás 11 h.

Sabado 3 as 11 h 

Mercado de Nadal

O céntrico Paseo da Corredoira acollerá do 5 de decembro ao 5 de xaneiro o Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui. 

Así o Paseo da Corredoira inundarase da maxia do Nadal e dos produtos típicos desta época nas 10 casetas de madeira que acollerán os distintos postos.

1ª Quenda do 5 ao 11 de decembro: Artesanía O Pereiro, Arco da Vella, CEIP Pazos de Reis; Cerámica Ferreira, Churrería Chocolateria Patry, Club de Patinaxe Artístico Ribex, Do Gaiteiro, Entre Telas, La Aguada Artesanías, Mari Fastudio, Mel Liñares e Ruta 82.

Até o 10 de xaneiro está aberto o prazo para renovar a autorización de postos no mercado semanal

Undefined

Até o 10 de xaneiro está aberto o prazo, no Concello de Tui, para presentar as solicitudes de renovación dos postos no mercado semanal que os xoves se celebra na prolongación da rúa Casal Aboy. As persoas vendedoras deberán presentar a solicitude no modelo normalizado, dispoñible na web www.tui.gal, xunto coa documentación requirida.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Comercio