I Encontro de viños da Raia
O sábado 16 e o domingo 17 de abril celebrarase na Praza da Inmaculada o I Encontro de Viños da Raia.
Participarán Adega Corisca de Tui, Adega do Vimbio de Tomiño, Adega Edmundo Val de Valença, Sergio Álvarez do Rosal, Lagar Pedregales de Tomiño, Adega do Ricón de Arbo, Adega Pateira do Rosal, Adegas Xangall de Arbo, Aquí Começa Portugal de Cevide, e Adega María Bargiela de Salvaterra de Miño. Os seus viños brancos, tintos e espumosos, por copa ou botella, poderán degustarse tanto o sábado coma o domingo de 12 a 15 h e de 18 a 21h.




