Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui celebra o Día Internacional de Tecer en público con actividades durante o mes de xuño

31/05/2022

A praza da Inmaculada acollerá o sábado 11 un amplo programa

A praza da Inmaculada será o escenario, o sábado 11 de xuño, da celebración do Día Internacional de Tecer en Público. Ao longo de todo o mes haberá distintas actividades organizadas por Cucapuntoes e M y R Abalorios, coa colaboración do Concello de Tui e de TejeTui,  contando coa participación das mercerías locais Elia, Fiadeiras e Ideas.

Con motivo desta celebración realizarán unha Yarn Bombing, na praza da Inmaculada, que decorarán con tecidos feitos a man. Serán elaborados previamente en Tejejuntas os mércores de 18.30 a 20.30 h en Abalorios M Y R, onde confeccionarán bandeiríns, e na comunidade TejeTui que realizarán unha creatividade con grannies para adornar a praza.

Xa sábado 11, Día Internacional de Tecer en Público, o programa previsto comeza ás 10.30 h cun almorzo en Ideas Peregrinas. A partir das 12 h, na Praza da Inmaculada decorada para a ocasión co Yarn Bombing, e durante toda a xornada as persoas participantes tecerán, compartirán proxectos, e trucos. Descansarán entre ás 14 e ás 16.30 h para xantar en Tapas e Viños.  Coma remate ás 19 h realizarán un sorteo entre todas as persoas participantes no evento, e todas as que compartan fotografías en redes sociais coa etiqueta #tejemaratontui. Durante toda a xornada na praza haberá unha exposición dos traballos de fin de curso dos distintos obradoiros.

Nos obradoiros, no almorzo e no xantar do día 11  poderán participar todas as persoas interesadas previa inscrición en tejemaratontui@gmail.com ou no taller Cucapuntoes na rúa Compostela 4.

Amais das actividades previstas o sábado 11, cada sábado de xuño dende ás 11 h haberá obradoiros gratuítos. Este sábado día 4 será un obradoiro de “Coleteiro” con material cedido por M y R Abalorios, o sábado 18, no Liceo Casino, confeccionaran un bolso hippie, e o sábado 25 realizarán unha funda para levar unha botella de auga no parque do Penedo.  

Durante o mes de xuño todas as persoas que realicen unha compra mínima de 5€ nas mercerías locais entrará no sorteo dunha cesta de produtos cedidos polas propias mercerías e dun moneco amigurimi tecido por Cucapuntoes que se realizará o 4 de xullo na Radio Municipal de Tui.

Pero amais as persoas que en instragram empreguen a etiqueta #tejemaratontui entrará no sorteo dun patrón dixital.