Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui pon en marcha unha enquisa para coñecer os hábitos de compra dixital da cidadanía tudense

16/02/2024

Comprender os hábitos de compra dixitais das persoas que viven en Tui é o obxectivo dunha nova enquisa que vén de iniciar o Concello de Tui dentro do Programa de reforma e modernización do mercado municipal e a dixitalización do comercio local. Esta actuación está financiada por  fondos europeos Next Generation, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A través desta enquisa  búscase coñecer e analizar as preferencias da cidadanía nas súas compras dixitais, identificando os portais e tipos de establecementos predilectos para compras dixitais. O obxectivo é detectar a competencia do sector comercial local para en base a eses datos poder adaptar estratexias comerciais, e guiar aos e ás comerciantes cara a súa dixitalización.

Dende o Concello de Tui convídase á cidadanía a cubrir a enquisa a través da web tui.gal, das redes sociais municipais e de Querotui, para así poder contar co maior número de datos para continuar avanzando no proceso de dixitalización do sector comercial local, brindando información, formación e estratexias neste camiño.

Enquisa