Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados.
O Concello de Tui, dentro da súa aposta polo medio ambiente, a economía circular e a reciclaxe, vén de colocar vinte colectores de recollida selectiva no mercado semanal dos xoves.
En concreto trátase de dez colectores para a recollida de plásticos e envases e outros dez de papel e cartel colocados ao longo do Paseo da Corredoira, e as rúas Compostela, Mondoñedo e Lugo, lugares nos que se celebra os xoves o mercado semanal.
Unha coidada ambientación inspirada nos mercados que se celebran en Centroeuropa será a que luza dende este xoves no Mercado Sustentable de Nadal que se vai celebrar no Paseo da Corredoira de Tui.
Este céntrico Paseo acollerá os preto de 40 postos de madeira con carpa tipo “jaima” e iluminación nos que se ofrecerá unha ampla variedade de produtos vinculados ao Nadal. Na decoración apóstase tamén pola reciclaxe, xa que se empregan restos das podas de árbores.
“Tui, Camiño do Nadal, o camiño natural” é o lema baixo o que se celebra este ano a programación de Nadal en Tui. Dende o concello de Tui apóstase por un amplo programa de actividades dirixidas a público de todas as idades que se van celebrar dende este domingo, 1 de decembro, até o 5 de xaneiro.
Esta tarde o alcalde, Enrique Cabaleiro, e as concelleiras de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, e Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez, presentaron a programación a desenvolver que ten coma eixos o patrimonio tudense, o Camiño de Santiago e a sustentabilidade.
Do xoves 5 ao domingo 8 de decembro celebrarase no Paseo da Corredoira o Mercado Sustentable de Nadal
40 postos de produtos relacionados co Nadal: artesanía, agasallos, adornos, plantas, textil, marroquinería, xoiería, libraría, gastronomía,…
Horario de apertura:
Mañá xoves, 28 de novembro, ás 16.30 h na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase a programación de Nadal organizada polo Concello de Tui. Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ás concelleiras de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, e Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez.
Dende este xoves, 7 de novembro, a rúa Ourense, no tramo comprendido entre as rúas Compostela e Colón, deixara de pecharse ao tráfico debido á celebración do Mercado Semanal na cidade. Deste xeito búscase facilitar o tránsito polo centro urbano así coma o acceso ao aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, tras a apertura nos últimos meses da rúa Ourense cara a rúa Colón/Augusto González Besada/Martínez Padín.
O Concello de Tui vai realizar un Diagnóstico da Situación e Usos do Mercado Municipal co obxectivo de que no futuro a Praza de Abastos tudense poida ser recoñecida como mercado excelente. Este estudo, que será elaborado por unha empresa de consultoría especializada, determinará cales son as actuacións necesarias para lograr a finalidade perseguida.
O próximo luns, 4 de novembro, ás 14 h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, terá lugar unha charla informativa dirixida ao comercio local para informar da creación da Rede de Mercados e Comercios no Camiño. Trátase dun proxecto impulsado pola Dirección Xeral de Comercio, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Esta actividade está organizada pola Concellería de Comercio do Concello de Tui.
O Concello de Tui vai realizar un diagnóstico da situación e usos do mercado municipal de Tui, situado na rúa Maristas. Así o aprobou hoxe a Mesa Local de Comercio na reunión que celebrou na casa do concello presidida polo alcalde, Enrique Cabaleiro.