Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

A rúa Ourense deixará de pecharse dende este xoves pola celebración do mercado semanal

Undefined

Dende este xoves, 7 de novembro, a  rúa Ourense, no tramo comprendido entre as rúas Compostela e Colón, deixara de pecharse ao tráfico debido á celebración do Mercado Semanal na cidade.  Deste xeito búscase facilitar o tránsito polo centro urbano así coma o acceso ao aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, tras a apertura nos últimos meses da rúa Ourense cara a rúa Colón/Augusto González Besada/Martínez Padín. 

O Concello de Tui inicia a elaboración dun Diagnóstico da situación e usos do Mercado Municipal

Undefined

O Concello de Tui vai realizar un Diagnóstico da Situación e Usos do Mercado Municipal co obxectivo de que no futuro a Praza de Abastos tudense poida ser recoñecida como mercado excelente. Este estudo, que será elaborado por unha empresa de consultoría especializada, determinará cales son as actuacións necesarias para lograr a finalidade perseguida. 

O luns celebrarase unha charla informativa sobre a Rede de Comercios no Camiño

Undefined

O próximo luns, 4 de novembro, ás 14 h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, terá lugar unha charla informativa dirixida ao comercio local para informar da creación da Rede de Mercados e Comercios no Camiño. Trátase dun proxecto impulsado pola Dirección Xeral de Comercio, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.  Esta actividade está organizada pola Concellería de Comercio do Concello de Tui.

Esta fin de semana celébrase a XXIII Feira de Artesanía de Tui

Undefined

Esta fin de semana, sábado 4 e domingo 5 de maio, vaise celebrar no conxunto histórico a XXIII Feira de Artesanía de Tui.

A XXIII Feira de Artesanía de Tui celebrarase o sábado 4 e o domingo 5 de maio, de 12 a 22 h na rúa Ordóñez e na Praza de San Fernando, co obxectivo de apoiar a promoción, difusión e comercialización do produto artesán,  así coma a dinamización do conxunto histórico, do Centro Comercial Aberto e da cidade de Tui no eido comercial, social e cultural.

XXIII Feira de Artesanía de Tui

A XXIII Feira de Artesanía de Tui celebrarase o sábado 4 e o domingo 5 de maio, de 12 a 22 h na rúa Ordóñez e na Praza de San Fernando, co obxectivo de apoiar a promoción, difusión e comercialización do produto artesán,  así coma a dinamización do conxunto histórico, do Centro Comercial Aberto e da cidade de Tui no eido comercial, social e cultural.  Participarán unha véntena de artesáns galegos e a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño.

Até o 19 de abril pódense presentar as solicitudes para participar na XXIII Feira de Artesanía de Tui

Undefined

O Concello de Tui, a través da concellería de Comercio, vén de abrir o prazo de solicitude de participación na XXIII Feira de Artesanía de Tui que se vai celebrar o sábado 4 e o domingo 5 de maio. En concreto convócanse 50 postos de venda directa.

A iluminación de Nadal manterase até finais de mes para apoiar ao comercio local no período de Rebaixas

Undefined

A iluminación de Nadal nas rúas tudenses manterase ata finais deste mes de xaneiro, co obxectivo de apoiar así ao comercio local no período de rebaixas.

Así o vén de decidir o Concello para favorecer a actividade do comercio local.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Comercio