Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

A calidade, variedade e continuidade da programación cultural de Tui convértena en referente en Galicia

Undefined

Este venres, 1 de febreiro, comeza a programación do primeiro semestre do ano en Tui. Vén recollida no número 37º da axenda Corredoira Cultural. Está conformada por seis espectáculos que se van levar a cabo no Teatro Municipal e seis eventos que se van celebrar até o mes de maio.

A presentación tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, xunto a Elisa Alfaya, Eduardo Rodríguez “Tatán” e Avelino González.

Comeza a redacción Plan Director e Estratéxico de Turismo de Tui

Undefined

Tui contará no prazo de dous meses e medio cun Plan Director e Estratéxico de Turismo que marcará un cronograma de actuación no período 2019-2022. Partindo da actual situación, que será analizada durante estas primeiras semanas, realizará unha análise da situación actual co perfil do visitante, a oferta, o mercado e os competidores, redactará un informe DAFO, establecerá os retos e liñas estratéxicas a seguir, e concluirá co deseño de plans de acción e produtos prioritarios.

Presentación do inicio da redacción do Plan Director de Turismo

Undefined

O próximo luns, 28 de xaneiro, ás 12h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do inicio da redacción do Plan Director de Turismo de Tui.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui e responsable municipal de Turismo, Carlos Vázquez, xunto a Julio Sánchez e Tamara Tilve da empresa Valora, adxudicataria da redacción do Plan Director.

Os veciños da zona cero que xa solicitaron a licenza poderían iniciar as obras de reconstrución en marzo, unha vez rematado o desentullo

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reuniuse este mediodía con Salvador García, Lupe Pérez e Pablo González da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, na véspera de cumprirse oito meses da explosión no barrio da Torre. No encontro participaron tamén o arquitecto e a traballadora social asignados ao centro de afectados en Guillarei.

A Eurocidade Tui-Valença presenta o primeiro almanaque da súa historia

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença presentou este mediodía o seu primeiro almanaque conxunto que nace con vocación de continuidade e que plasma o patrimonio e a vida de Tui e de Valença a través de doce láminas obra da artista plástica galega María Meijide.  Edítanse 1.000 exemplares – 500 para Tui que serán distribuídos en establecementos públicos - cun investimento de preto de 5 mil euros sufragado a parte iguais por Tui e Valença.

Máis de 80 expositores participarán na IV Mostra da Camelia Cidade de Tui que se celebra esta fin de semana

Undefined

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello de Tui a IV Mostra da Camelia Cidade de Tui, organizada por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de TuiDeputación de Pontevedra e Sociedade Españo

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía