Recepción aos remeiros Rodrigo Conde e Carlota González
O próximo luns, ás 11h, terá lugar unha recepción no salón de sesións da casa do Concello de Tui aos remeiros do Club Remo do Miño Rodrigo Conde Romero e Carlota González Gil.
Rodrigo Conde vén proclamarse Campión do Mundo de Remo Olímpico na modalidade dobre Scull Sub 23 peso lixeiro na localidade polaca de Poznan.