Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

O Consorcio do Louro presenta o IV Concurso de Debuxo e un libro co gallo do Día da Auga

Undefined

Mañá venres, 22 de marzo, Día Mundial da Auga, o Consorcio de Augas do Louro presenta dúas accións de divulgación, educación e concienciación cidadá acerca da importancia do coidado da auga.

A primeira dirixida ós máis cativos é o IV Concurso de Debuxo, no que coma noutros anos os alumnos de 3º e 4º de Primaria dos catro Concellos consorciados poderán plasmar a súa creatividade baixo o lema “Investigadores da auga”.

Este sábado imporase a medalla de bronce da cidade a Gerardo Calvo Moreno, xefe da Compañía da Garda Civil de Tui

Undefined

Este sábado, 23 de marzo, ás 12 h no salón de sesións da Casa do Concello terá lugar a  imposición da medalla de bronce da cidade a D. Gerardo Calvo Moreno,  xefe da Compañía da Garda Civil de Tui. Foi concedida por acordo plenario da corporación municipal en sesión celebrada o día 27 de decembro de 2018.

Mañá irá a Comisión Informativa un expediente de créditos por importe de 1,3 millóns de euros

Undefined

Mañá venres, 22 de marzo, irá a comisión informativa de Facenda habilitar o crédito por importe de 1.350.816,54€  para as expropiacións para a apertura da rúa Ourense en sentido Norte, e para as expropiacións e obras da Senda do Río Miño de Tui a Caldelas.  Este importe será con cargo ao remanente de tesourería.

O equipo de goberno do Concello de Tui remata esta semana ás reunións cos veciños das parroquias de Tui

Undefined

O equipo de goberno do Concello de Tui remata esta semana coas xuntanzas cos veciños das parroquias para coñecer as súas necesidades. Esta derradeira xuntanza vaise celebrar o sábado, ás 20.30 h, na Casa Cultural Baldráns.

Remata así o ciclo de xuntanzas que o equipo de goberno mantivo cos veciños das parroquias de Malvas, Pazos de Reis, Areas, Paramos, Rebordáns, Ribadelouro, Caldelas, Randufe, Guillarei e Pexegueiro.

Solicitude instalación postos/atraccións nas festas de San Telmo 2019

Solicitude festas de San Telmo 2019

Do 20 de marzo ao 7 de abril pódese presentar por rexistro de entrada na casa doconcello ou a través de rexistro electrónico a solicitude de instalación  de postos e atracción nas festas de San Telmo 2019.

No documento establécense as data de inicio de montaxe e desmontaxe, o período mínimo de estancia así como a data de revisión da montaxe final por parte dos enxeñeiros.

Tui será o punto de partida das rutas que farán o Camiño de Santiago por vía fluvial e marítima en kaiak de mar

Undefined

Tui será o punto de partida do Camiño de Santiago en kaiak de mar. Do 18 ao 21 de abril realizarase unha experiencia piloto e a continuación as rutas poranse en marcha de forma estable até outubro, sempre que as condicións do tempo o permitan.  

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, presentou este mediodía esta iniciativa xunto a Alberto Rocha, promotor da mesma, e Antonio Paz, presidente da Asociación Galega de Kaiak de Mar.

O alcalde de Tui amosa o seu malestar pola situación que presenta a caseta da vella Ponte Internacional tres anos despois de que fóra estragada nun accidente

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, amosa o seu malestar pola lamentable situación da antiga oficina da Garda Civil da aduana na vella Ponte Internacional de Tui.

Mañá, 19 de marzo, cúmprense 3 anos dende que un vehículo de matrícula española, sufrira un accidente na madrugada dese día no que quedaba seriamente danada a porta e a estrutura de madeira  da oficina que a Garda Civil tiña na vella Ponte Internacional de Tui.

A proposta de Diagnóstico e Plan de mellora do departamento de Urbanismo recolle a actuación en catro ámbitos

Undefined

Centrar e documentar os procesos de urbanismo actuando no ámbito normativo, nos sistemas de información, nos recursos humanos, e a organización e funcionamento do servizo é o obxectivo da proposta de Diagnóstico e Plan de Mellora do departamento de Urbanismo presentada pola empresa EOSA, que hoxe foi dada a coñecer polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o representante da empresa EOSA, Manuel Veloso.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía