Hoxe celébrase o Día Mundial da Atención Temperá
Hoxe 16 de xuño celébrase o Día da Atención Temperá baixo o lema “Familias e profesionais unidos pola atención temperá”.
Nesta xornada cómpre lembrar que dende o 15 de setembro do ano pasado a Mancomunidade do Baixo Miño, conta cun servizo de atención temperá nos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui.
Vai dirixida a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastorno do desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos, ás familias e á contorna empadroados nos concellos de Tui, A Guarda, O Rosal, e Tomiño.