Máis de 200 alumnos de 4º da ESO asistiron hoxe a unha nova proxección de “O Cine nas aulas”
Un total de 235 alumnos e alumnas de 4º da ESO dos IES San Paio e Indalecio Pérez Tizón, do Colexio Maristas Santa María e do Seminario Menor San Paio asistiron esta mañá no Teatro Municipal de Tui, no edificio Francisco Sánchez, a unha nova proxección de “O Cine nas aulas”.
Nesta segunda cita do programa deste curso traballan cunha película onde se fala sobre o fracaso e o éxito, as familias, os logros ou desexos aos que aspiramos, e as drogas. Asistiron así a unha película que presenta unha historia sinxela con personaxes complexos, reais, cribles e entrañables.




