Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Tui ilumínase de verde e morado para visibilizar o ELA e a Síndrome de Dravet

Undefined

O Concello de Tui súmase á conmemoración do Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), que ten lugar mañá venres, 21 de xuño, e do Día Internacional da Síndrome de Dravet, que ten lugar este domingo, 23 de xuño.

Para iso, a fachada da Casa do Concello iluminarase de verde esta noite e de morado o domingo 23. Desta forma, o municipio únese á visibilización destas enfermidades e mostra o seu apoio ás persoas que as padecen e ás súas familias.

A nova área lúdico recreativa en Chans do Carrasco ofrece un novidoso espazo de lecer

Undefined

Tui conta cun novo parque infantil e área de lecer completamente en Chans do Carrasco en Randufe. Dende hai uns días este novo espazo está xa aberto para o seu disfrute pola poboación.

A actuación realizada supuxo un investimento de case 300 mil euros, e enmárcase  na liña de traballo iniciada para mellorar e acondicionar os parques infantís e áreas de lecer no municipio.

A casa do Concello de Tui iluminouse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

Undefined

A casa do concello de Tui iluminouse de vermello esta pasada noite con motivo do Día Mundial da Hemofilia, que se conmemorou onte 17 de abril.

Deste xeito o Concello de Tui respondeu á solicitude realizada dende AGADHEMO, a Asociación Galega de Hemofilia, que con este acto simbólico quere chamar a atención cara ás persoas afectadas por trastornos da coagulación hereditarios.  En Galicia son máis de 300 persoas afectadas por esta doenza.

Máis de 200 alumnos de 4º da ESO asistiron hoxe a unha nova proxección de “O Cine nas aulas”

Undefined

Un total de 235 alumnos e alumnas de 4º da ESO dos IES San Paio e Indalecio Pérez Tizón, do Colexio Maristas Santa María e do Seminario Menor San Paio asistiron esta mañá no Teatro Municipal de Tui, no edificio Francisco Sánchez, a unha nova proxección de “O Cine nas aulas”.

Nesta segunda cita do programa deste curso traballan cunha película onde se fala sobre o fracaso e o éxito, as familias, os logros ou desexos aos que aspiramos, e as  drogas.  Asistiron así a unha película que presenta unha historia sinxela con personaxes complexos, reais, cribles e entrañables.

O luns preséntase a 2ª San Silvestre Solidaria Tudense

Undefined

O próximo luns, 18 de decembro, ás 11.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da 2ª San Silvestre Solidaria Tudense, organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, coa colaboración da Policía Local, Protección Civil de Tui e a Radio Municipal de Tui, en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. A San  Silvestre celebrarase o domingo 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

Aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos para ensinanzas musicais en Tui

Undefined

O Concello de Tui continúa coa súa aposta, iniciada hai xa anos, de apoiar o acceso aos estudos de ensinanzas musicais, nos centros municipais, ao alumnado pertencente a familias cun baixo nivel de ingresos, facilitando así que poidan cursar estes estudos ben no Conservatorio Municipal ou na Escola de Música.

Os requisitos a cumprir son que a unidade familiar non supere 3 veces o IPREM, que o alumno ou alumna estea matriculada no Conservatorio Profesional ou na Escola de Música, e empadroada en Tui.

Páginas

Suscribirse a RSS - Servizos Sociais