Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

230 alumnos e alumnas de 2º da ESO asistiron esta mañá a derradeira proxección deste curso do programa “O Cine nas aulas”

Undefined

Esta mañá tivo lugar no Teatro Municipal de Tui a derradeira proxección deste curso do programa “O Cine nas aulas” desenvolvido dende o departamento de Prevención do Concello de Tui.

Un total de 232 alumnas e alumnos de 2º de ESO e 14 profesoras e profesores /as dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio, do Seminario Menor San Paio e do Colexio Marista Sta María, acudiron á proxección.

Once persoas participan no curso de Deshabituación Tabáquica organizado polo Concello de Tui e a AECC

Undefined

Once persoas participan no curso de Deshabituación Tabáquica organizado polo Concello de Tui e impartido pola Asociación Española contra o Cancro.

Dende o ano 2010, con carácter anual, o Concello de Tui, a través do Departamento de Prevención de Drogodependencias leva a cabo este programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono o tabaco.  Ao longo das sete sesións previstas os e as participantes reciben apoio técnico, consellos,  compañía e recompensas.  En anos anteriores o 70% dos participantes deixaron de fumar.

Un cd solidario recadará fondos para os dous nenos que quedaron orfos na explosión de Paramos

Undefined

“Cuentos con moito conto” é o título do cd solidario que vén de editar o CRA Mestra Clara Torres de Tui con nove historia de OQO editora narradas en galego e castelán. Porase á venda ao prezo de 10€ e os fondos recadados serán para os dous nenos que quedaron orfos na explosión rexistrada o pasado ano en Paramos.

O Concello de Tui edita un calendario de 2020 ilustrado con portas da Eurocidade pintadas pola tudense Rosa Mª Vila

Undefined

“2020. Abrindo portas…” é o título do calendario de 2020 que vén de editar o Concello de Tui.  Está ilustrado con pinturas de portas da Eurocidade Tui-Valença realizadas pola artista tudense Rosa María Vila. Así na portada figura o Pórtico da  Catedral de Tui e a Porta da Coroada de Valença.

En xaneiro comezará un curso de Deshabituación Tabáquica

Undefined

No  mes de xaneiro comezará en Tui un novo curso de Deshabituación Tabáquica organizado polo Departamento de Drogodependencias do Concello de Tui en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro

Esta actividade gratuíta vai dirixida a persoas maiores de 18 anos que desexen deixar de fumar. Estrutúrase en 7 sesións, cunha duración de hora e media cada unha, a celebrar en horario de tarde. Trátase dun programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao completo proceso de abandono. 

Tui súmase aos actos do Día Mundial da SIDA

Undefined

A casa do concello de Tui iluminarase de vermello na noite deste sábado ao domingo con motivo do Día Mundial da SIDA que se celebra este domingo 1 de decembro. O lema deste ano é “As comunidades marcan a diferenza” co que se quere recoñecer o papel fundamental que as comunidades teñen desempeñado e continúan a desempeñar na resposta ao SIDA a nivel local, nacional e internacional.

Tui acolle dende maña as xornadas profesionais do Colexio Profesional de Psicoloxía de Galicia sobre atención en catástrofes

Undefined

“Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos” é o título das XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que dende mañá xoves e até o sábado se van celebrar no Teatro Municipal, no edificio da Área Panorámica de Tui. Están organizadas polo  Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, contando coa colaboración do Concello de Tui e da Ordem dos Psicloógos Portugueses.

Presentación das XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos”

Undefined

Mañá mércores, 13 de novembro, ás 11.30 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación das XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos” que se van celebrar en Tui dende este xoves até o sábado.

Páginas

Suscribirse a RSS - Servizos Sociais