SAMMM, Servizo de Apoio Municipal a Menores e Mulleres
Instalacións: planta baixa da casa do Concello
Teléfono: 986 60 36 25 ext 36 ou 32
Horario de atención ao público: martes de 16 a 20h
Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.
Instalacións: planta baixa da casa do Concello
Teléfono: 986 60 36 25 ext 36 ou 32
Horario de atención ao público: martes de 16 a 20h
Instalacións: planta baixa da casa do Concello
Teléfono: 986 60 36 25 ext 54
Horario de atención ao público: luns, martes, xoves e venres de 9 a 14h previa cita
Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui teñen as súas dependencias na planta baixa da casa do concello na zona que antigamente ocupaba o Servizo de Extensión Agraria. Constan dunha sala de espera con espazo para 8 persoas e unha oficina de atención personalizada.
O próximo mes de xaneiro comezará en Tui un novo curso de Deshabituación Tabáquica organizado polo Departamento de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.
Co gallo do Día Mundial da Loita contra a SIDA o Servicio de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, está levando a cabo unha serie de actividades.
Por unha banda está a realizar nos institutos tudenses talleres para promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificando falsas crenzas e mala información. O obxectivo é permitirlle aos individuos estar a cargo da súa saúde e non ser pasivos, fomentar no marco asociativo xuvenil o desenvolvemento de estilos de vida saudables e ofrecer formación sobre desta enfermidade.
Mañá ás 12.30hn no salón de sesión da casa do concelo de Tui terá lugar o acto central na cidade da campaña “En negro”. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, dará lectura ao manifesto gallo da conmemoración este sábado, 25 de novembro, do Día Internacional contra a violencia de xénero. O acto contará coa actuación dun trío de vento metal do Conservatorio Profesional de Música de Tui formado por Felipe Fernández Vilanova, Lucas Álvarez Pérez e Ángel Canfora Lorenzo.
Tui vestirase de negro do 23 o 26 de novembro en sinal de dó por todas as mulleres que sofren violencia de xénero. Desde xeito a cidade súmase á campaña En Negro posta en marcha en 2015 e na que este ano participan a nivel galego 75 concellos e tres deputacións provinciais, así coma máis de 3 mil establecementos, entidades e asociacións.
En decembro celebrarase en Tui o obradoiro interxeneracional “Risos en familia: risoterapia creativa anti-estrés” dentro do programa Tecendo Lazos que oferta a Deputación de Pontevedra, e no que neste caso colabora o Concello de Tui.
O obradoiro terá lugar os martes, mércores, xoves e venres do 19 ao 29 de decembro en horario de 18 a 20h na Área Panorámica.
Mañá mércores, 15 de novembro, 318 alumnos de 5º e 6º de Primaria asistirán no Teatro Municipal de Tui á segunda proxección do programa “O Cine nas Aulas” que leva a cabo o Servizo de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui.
En concreto asistirán escolares dos CEIP Nº2, CEP de Caldelas, Ceip de Pazos de Reis, CEIP Nº1, CEIP de Randufe e Colexio Marista Sta María.
O Servicio de Prevención de drogodependencias e outras conductas aditivas, edita anualmente a revista “Aprende a escoital@s” que trata temas de prevención e está dirixida á familia, tanto ás nais/pais coma aos fillos/as.
Convenio de colaboración entre o Concello de Tui e Solidariedade Galega co Pobo Saharauí de 9 de novembro de 2016.