Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

234 alumnos e alumnas de Secundaria asisten mañá á segunda proxección do programa “O Cine nas aulas”

Undefined

 234 alumnos e alumnas de secundaria de centros educativos de Tui van asistir mañá martes, 5 de novembro, á segunda proxección deste curso escolar do programa “O cine nas aulas” que realiza o Departamento Municipal de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui.

En concreto ao alumnado e profesorado de 2º da ESO dos IES San Paio, Indalecio Pérez Tizón, Colexio Marista Santa María e Seminario Menor San Paio asistirán mañá á proxección da película no Teatro Municipal, e ao remate recollerán as Unidades didácticas coas que logo traballarán nas aulas os alumnos/as.  

Oitenta persoas participan nos obradoiros “Cultiva a mente” en cinco parroquias tudenses

Undefined

Hoxe comezou o primeiro dos obradoiros “Cultiva a mente” postos en marcha polo Concello de Tui e AFAGA, a Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias de Galicia, en cinco parroquias tudenses. Trátase dunha iniciativa pioneira que busca descentralizar este servizo e achegalo á cidadanía.

Mañá ten lugar a primeira proxección do programa “O cine nas aulas” co que se traballa na prevención

Undefined

Mañá mércores, 16 de outubro, ten lugar a primeira das proxeccións deste curso 2019/2020 do programa “O Cine nas aulas” que desenvolve o departamento de Prevención de drogodependencias do Concello de Tui.

Mañá asistirán ao Teatro Municipal de Tui 274 alumnos e alumnas  de 5º e 6º de primaria, do CEIP Pazos de Reis, CEIP Nº1, CEIP Nº2, CEIP de Randufe e CEIP de Guillarei. Tras a proxección recollerán as Unidades didácticas coas que logo traballarán nas aulas.

Aberto o prazo de inscrición para os obradoiros “Cultiva a Mente” que poñen en marcha o Concello e AFAGA

Undefined

O Concello de Tui e AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, poñen en marcha os obradoiros gratuítos “Cultiva a mente” en seis parroquias tudenses.  Celebraranse de outubro a xuño nos centros culturais de Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Rebordáns e Ribadelouro.

As persoas participantes, preferentemente maiores de 55 anos, aprenderán técnicas de memoria, recibirán consellos saudables para o cerebro, e ao tempo fomentarase a socialización e emoción positivas.

Concentración en repulsa do triplo asasinato en Valga hoxe martes ás 12 h

Undefined

A corporación municipal de Tui, e no seu nome o alcalde, Enrique Cabaleiro, quere amosar a súa condena ante o triplo crime cometido esta mañá en Valga, ao mesmo tempo que neste día queren estar o carón dos fillos, das familias e dos amigos de Sandra, Alba e Elena.

Este novo crime machista que deixa tanta dor e desesperación, non pode máis que servir para que a rabia que produce este triplo asasinato se converta en  forza para seguir traballando e erradicar dunha vez por todas, da nosa sociedade, a violencia contra as mulleres.

Recepción aos nenos e nenas saharauís que pasarán o verán en Tui

Undefined

Esta mañá tivo lugar na casa do concello de Tui a recepción aos tres nenos e nenas saharauís que pasarán o verán en Tui dentro do programa “Vacacións en Paz”.  O alcalde, Enrique Cabaleiro, deulles a benvida xunto ao concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e a concelleira de Igualdade e Xuventude, Ana Mª Núñez.

Son dúas nenas, Yamila e Mariem, as que por terceiro ano pasarán o verán en sendas familias acolledoras de Tui, e as elas sumouse este ano Omar que a primeira vez que viaxa a España e pasará tamén os próximos meses na cidade.

Páginas

Suscribirse a RSS - Servizos Sociais