Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

A Área Panorámica tínguese de morado co gallo do Día Mundial do Alzheimer

Undefined

Tui súmase mañá, 21 de setembro, á celebración do Día Mundial do Alzheimer coa iluminación en morado do edificio da Área Panorámica na rúa Colón. Deste xeito quérese visibilizar esta doenza, que na área de Vigo afecta a máis de 10 mil persoas. O Concello de Tui responde así á solicitude neste senso feita dende AFAGA, a Asociación de Familiares de Alzheimer e outras demencias de Galicia.

Recepción ao nenos saharauís que pasan o verán en Tui dentro do programa Vacacións en Paz

Undefined

Mañá xoves, 10 de agosto, ás 12h terá lugar no salón de sesións da casa do concello de Tui a recepción aos nenos saharauís que pasan o verán en Tui e na contorna dentro do programa Vacacións en Paz.

Os nenos e as súas familias de acollida serán recibidos polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Laureano Alonso, xunto a outros membros do equipo de goberno e o delegado da Asociación de Solidariedade co Pobo Saharauí no Baixo Miño, Enrique Porto.

O quinto Faladoiro de Educación abordará o tema “Educando en positivo”

Undefined

“Educando en positivo”  é o título do Faladoiro en Educación a celebrar mañá xoves, 2 febreiro, ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica. Este é a quinto dos seis  actividades previstas este curso nun programa organizado polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres que comezou o 3 de novembro.  O derradeiro faladoiro terá lugar o 2 de marzo co tema “Na procura dunha proposta creativa de deberes”.

Técnico de administración xeral. Resultados do primeiro exercicio.

Proceso sectivo para a configuración dunha listaxe de reserva para a provisión interina dunha praza de técnico de administración xeral encadrada no grupo A, subgrupo-A-1 para o Concello de Tui 

Unha vez finalizado o exercicio efectuase a lectura do mesmo pola aspirante presentada. De conforme co anterior, o tribunal decide elevar a seguinte proposta ó órgano competente. 

Técnico de administración xeral: DESERTO 

Acta do tribunal e data do primeiro exame.Contratación laboral temporal a tempo completo, dun Auxiliar Administrativo.

Sendo as 9 e 10 o comenzo do primero exercicio do proceso selectivo para a contratación laboral tempora, a tempo completo, dun Auxiliar Administrativo, o cal unha vez finalizado o mesmo detectouse un erro a hora de repartir os exercicios, repartindo entre os aspirantes exercicios a tempo completo e a tempo parcial, polo que o Tribunal decide anular o presente proceso e convocar os aspirantes para o vindeiro Venres 16 do presente mes de decembro, as 9.00 horas, no edificio Area Panoramica sito na rúa Colón.

Páginas

Suscribirse a RSS - Servizos Sociais