Bo Nadal e Feliz 2023!
O Nadal é sempre camiño que constrúe pontes, abre cancelas e sobre todo urde fíos de bondade, de irmandade, de paz entre todos. Bo Nadal e feliz 2023.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
O Nadal é sempre camiño que constrúe pontes, abre cancelas e sobre todo urde fíos de bondade, de irmandade, de paz entre todos. Bo Nadal e feliz 2023.
A cidade de Toledo acolleu a 62ª Asemblea Xeral da Red de Juderías de España. Na mesmo rematou a presidencia desta asociación por parte do alcalde de Lucena, Juan Pérez, que en 2023 será substituído polo alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé. Deste xeito Monforte, unha das tres cidades que integran a Red, sitúase ao fronte desta agrupación. O Concello de Tui estivo representado na asemblea pola concelleira Ana Maria Núñez Álvarez.
O Mercado Municipal de Tui, situado na rúa Maristas, será obxecto dunha reforma integral coa finalidade de mellorar tanto as instalacións coma a experiencia de compra no mesmo de cara a lograr o recoñecemento coma Mercado Excelente.
O Concello de Tui elaborou un ambicioso proxecto no que se aposta non só por esta reforma integral da praza de abastos, senón tamén pola dixitalización e revitalización do comercio local e do mercado semanal dos xoves.
Recoñecer a súa estreita vinculación á cidade, e o seu labor na Catedral, foron dous dos aspectos destacados este mediodía no acto e entrega da medalla de honra do concello de Tui na súa categoría de ouro, ao bispo da Diocese de Tui-Vigo, D. Luís Quinteiro Fiuza.
O salón de sesións da casa do concello acolleu o solemne acto presidido polo alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto a membros da corporación municipal, e a outras autoridades.
"Tui, o Camiño do Nadal" é o lema do Nadal 2022 en Tui. As luces e a decoración de rúa enchen da maxia destes días a cidade.
Nas rúas e prazas de Tui pódese ver a decoración de Nadal. No seguinte rueiro están ubicados os distintos elementos.

A Oficina Municipal de Turismo de Tui recibiu durante o mes de novembro un total de 1.284 visitantes, dos que 1.125 eran turistas e 159 peregrinos.
Os turistas foron maioritariamente de procedencia nacional cun total de 1.082 persoas que demandaron información turísticas na céntrica oficina tudense. Chegaron principalmente de Madrid (148), Barcelona (135), Pontevedra (125), Guadalaxara (100), Asturias (59), Cuenca (56), Tenerife (56)...
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui organiza por segundo ano consecutivo un Concerto Solidario a favor de SOS Tomiño Baixo Miño. No evento contan coa colaboración do Concello de Tui.
Este II Concerto Solidario terá lugar mañá sábado día 10, ás 18.00 h, no Teatro Municipal, e para acceder será necesario entregar 1 quilo de alimentos non perecedoiros, como mínimo, que se destinará a SOS Tomiño Baixo Miño.
Este sábado, 10 de decembro, ás 13.00 h no salón de plenos da casa do concello de Tui terá lugar a entrega da medalla de ouro da cidade a D. Luis Quinteiro Fiuza, bispo da diocese de Tui-Vigo. O Pleno da Corporación Municipal de Tui acordou na súa sesión do pasado 28 de xullo conceder a medalla de ouro da cidade, que será entregada este sábado.
O deporte tudense está cheo de fazañas que escribiron con letras de ouro o nome da cidade en todo o mundo. Ano a ano, a listaxe de grandes deportistas que compiten baixo o nome de Tui non deixa de medrar, ao que se suma o gran nivel acadado por todos eles traendo de volta os máis prestixiosos premios e condecoracións. É por isto que o nivel de todos eles merece unha homenaxe no que foi o seu día.
A Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez acolle até o 29 de xaneiro a exposición “O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra”, que chega a Tui da man da Consellería da Cultura e da Cidade da Cultura coa colaboración do Concello de Tui.