O proxecto Río Miño, un destino navegable presentado nun congreso internacional en Huelva
A presentación do proxecto transfronteirizo “Río Miño, un destino navegable” foi unha das ponencias que tiveron lugar esta mañá na xornada sobre “Dinamización territorial, patrimonio e turismo no tramo internacional transfronterizo: o caso do río Miño”. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, desprazouse até Punta Umbría en Huelva, para dar a coñecer este proxecto desenvolvido polo concello de Tui xunto ao de Salvaterra de Miño e as Cámaras Municipais de Valença e Monçao.