A mocidade conversa co equipo da Axenda Urbana de Tui sobre a súa cidade
“Poder movernos sen ter que depender de que as nosas familias nos poidan desprazar no coche”, esta é unha das principais demandas da mocidade dos institutos de ensinanza secundaria de Tui. O equipo da Axenda Urbana reuníuse no día co alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón e co do IES San Paio de Tui. Todos e todas elas coincidiron na necesidade de desprazarse ás súas actividades de xeito independente.