Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

A corporación municipal de Tui celebrará mañá un pleno extraordinario urxente e emitirá unha declaración institucional tras o suceso de Paramos

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará mañá ás 20h pleno extraordinario urxente para ratificar os tres días de loito de oficial logo do suceso acaecido no día de onte na parroquia de Paramos, no que faleceron dúas persoas e unha trintena resultaron feridas. Este será o primeiro punto desta sesión plenaria, na que no segundo punto se realizará unha declaración institucional.

Resolución da alcaldía declarando tres días de loito oficial

Undefined

Como testemuña da dor dos cidadáns de Tui ante a explosión ocorrida no día de onte na parroquia de Paramos de Tui, e recollendo o sentir deste Concello polas vítimas e perdas sofridas.
Esta alcaldía, no uso das competencias que lle confire a lexislación vixente en materia de réxime local,

RESOLVE:

PRIMEIRO.- Declarar tres días de loito oficial que comprenderán dende as 10:00 horas do día 24 de maio de 2018 ata as 10:00 horas do día 27 de maio de 2018, durante os cales as bandeiras da Casa Consistorial, ondearán a media asta en sinal de loito.

O Concello de Tui solicitou 1.029.918€ ao abeiro do Plan Concellos para a execución de 13 proxectos, o Pacto de Tui e a contratación de 20 traballadores

Undefined

A elaboración de cartografía Six, ortofotodixital, e rede topográfica do municipio é o proxecto de maior importe, 90 mil euros, solicitado polo Concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos 2018-19 da Deputación.  En concreto foron presentados trece proxectos de investimento por un importe total de 752.383,38 dentro da liña 1.

O alcalde solicita entrevistas co presidente da Xunta e a presidenta da Deputación para abordar as necesidades da cidade

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, remitiu esta mañá sendos escritos ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, solicitándolles unha entrevista para transmitirlles as necesidades da cidade.

As bibliotecas móbiles de Tui baseadas no proxecto de Aldea del Talento son as primeiras en estar rematadas en España

Undefined

A arquitecta Helena del Río desprazouse hoxe dende Cantabria ata Tui para coñecer in situ as bibliotecas móbiles elaboradas polos alumnos do curso de “Montaxe de mobles e elementos de carpintería”, impartido no Municipal Centro de Formación, baseándose nos seus deseños.

Mañá ás 11h preséntase a XXI Feira do Libro Galego

Undefined

Mañá venres, 11 de maio, ás 11h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da XXI Feira do Libro Galego que se vai celebrar no Paseo da Corredoira o xoves 17 deste mes.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, do concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, e dos representantes das librarías Iris e Espazo Lector Nobel que participarán na feira.  

O alcalde e membros do COAG abordan coa xefa provincial de Costas a convocatoria do concurso de ideas sobre o fronte fluvial do Miño

Undefined

Co obxectivo  de avanzar na convocatoria dun concurso internacional de ideas para reordenar o fronte fluvial do río Miño entre a vella Ponte Internacional e a alameda de San Domingos o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reuniuse hoxe coa xefa do servizo provincial de Costas, Cristina Paz-Curbera, e co presidente da delegación do COAG, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en Vigo,  Antonio Davila, e o vo

A realización de bibliotecas móbiles proxecto destacado do curso de “Montaxe de mobles e elementos de carpintería” impartido nos últimos catro meses

Undefined

A realización de tres biblioteca móbiles destinadas aos centros escolares tudenses, baseadas no proxecto inicial de Aldea del Talento, foi o proxecto destacado realizado polos 15 alumnos do curso de “Montaxe de mobles e elementos de carpintería” impartido polo Concello de Tui no Centro Municipal de Formación. 

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía